Esta é a relación definitiva de persoas inscritas nas probas de acceso ao Ciclo Formativo de Grao Medio de Serigrafía Artística.

Se formalizaches a túa inscrición, revisa o documento para saber que probas debes facer.

Consulta aquí a relación de persoas inscritas en formato PDF.

Cando e onde terán lugar as probas?

A proba substitutiva do requisito de titulación de ESO para acceso a ciclos de grao medio terá lugar o mércores 9 de setembro, e a proba específica de acceso terá lugar o martes 15 de setembro; nos dous casos, na EASD Ramón Falcón.

En relación aos protocolos para a realización das probas, poderase ter en conta, a modo de orientación e na medida que corresponda, o Protocolo ABAU 2020 en Galicia da CiUG.

O alumnado que obteña praza deberá formalizar a súa matrícula entre o 22 e o 24 de setembro.