Rematadas as probas específicas de acceso aos Estudos Superiores de Deseño, e publicadas as cualificacións definitivas obtidas nas mesmas, faise pública a asignación PROVISIONAL de prazas aos/ás aspirantes a cursar os ditos Estudos Superiores de Deseño para o vindeiro ano académico 2017/18, por EASD e especialidade, incluíndo listaxe de agarda ordeada segundo a cualificación obtida na proba específica, ou do expediente académico no caso de acceso reservado a titulados/as Técnico Superior en Artes Plásticas e Deseño, e tendo en conta a orde de preferencia de EASD- Especialidade expresada polos/as aspirantes na súa inscrición.

Durante os días 4 e 5 de xullo de 2017, os/as aspirantes poderán solicitar a emenda dos erros e/ou omisións que teñan detectados, mediante correo electrónico dirixido a: asesoria.artes@edu.xunta.es. O día 6 de xullo de 2017, a listaxe definitiva de asignación de prazas será exposta no portal educativo da Xunta de Galicia.

Preme aquí para descargar o listado completo en formato PDF.