Rematado o prazo para comunicar erros ou omisións detectados ou formular reclamacións á publicación da asignación provisional de prazas aos/ás aspirantes a cursar os Estudos Superiores de Deseño para o vindeiro ano académico 2017/18, por EASD e especialidade, incluíndo listaxe de agarda ordeada segundo a cualificación obtida na proba específica, ou do expediente académico no caso de acceso reservado a titulados/as Técnico Superior en Artes Plásticas e Deseño, e tendo en conta a orde de preferencia de EASD-Especialidade expresada polos/as aspirantes na súa inscrición; corrixidos os erros, emendadas as omisións e resoltas as reclamacións achegadas, fáise pública a listaxe DEFINITIVA da dita asignación de prazas.

Os/As aspirantes que acadaron praza deben formalizar a súa matrícula no prazo establecido para elo na Resolución do 4 de maio de 2017, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa (DOG do 16 de xuño), do día 12 ao día 20 de xullo. De non facelo, agás causa de forza maior, debidamente xustificada e apreciada pola Dirección da EASD correspondente, o/a aspirante decaerá nese dereito e a súa praza seralle ofrecida ao/á aspirante con máis dereito da listaxe de espera.

Os/As aspirantes que figurando nalgunha listaxe de agarda desexen optar a algunha das prazas vacantes que figuran nesta listaxe, ou aquelas que poidan producirse unha vez rematado o periodo ordinario de matrícula establecido, deberán comunicar a súa solicitude entre os días 10 e 15 de xullo mediante correo electrónico dirixido a: asesoria.artes@edu.xunta.es.

As vacantes que se produzan asignaranse aos aspirantes que as soliciten segundo a mellor cualificación obtida na proba específica de acceso.

Preme aquí para ver o listado completo en formato PDF.