Esta é a relación de persoas inscritas nas probas de acceso ao Ciclo Formativo de Grao Superior de Fotografía.
Se formalizaches a túa inscrición, revisa o documento.
Consulta aquí a relación de persoas inscritas en formato PDF.
Cando e onde terá lugar a proba?
A proba específica de acceso terá lugar o xoves 10 de setembro na EASD Ramón Falcón.
-
Nas instrucións da DXEFPIE especifícase que as probas realizaranse de acordo co establecido na Resolución do 9 de xuño de 2020.
– Xoves 10 de setembro: proba específica.
Primeiro exercicio: das 10.00 ás 11.00 horas.
Segundo exercicio: das 12.00 ás 14.00 horas.
Terceiro exercicio: das 17.00 ás 19.00 horas.
– Venres 11 de setembro: Publicación de cualificacións provisionais nas páxinas web das EASD de Galicia e no Portal da Consellería de Educación, Universidade e FP.
– Luns 14 de setembro: Publicación das cualificacións definitivas.
– Martes 15 de setembro: Asignación de prazas nas páxinas web das EASD de Galicia e no portal da Consellería de de Educación, Universidade e FP.
– Xoves 17 e venres 18 de setembro: Matrícula.
Leave A Comment