Os reencontros sempre son emocionantes. Pero poucos son tan especiais como o que celebramos o martes 19 de febreiro no marco de #ConectaLugo, as xornadas de arte e deseño que organiza a EASD Ramón Falcón. O salón de actos da escola acolleu unha táboa redonda na que participaron seis antigos estudantes, que compartiron detalles das súas traxectorias profesionais co alumnado actual.

Teresa Larios, alumna de Cerámica, encargouse da presentación e da moderación da charla. Os antigos estudantes que asistiron foron:

Iago Eireos – Gravado e Fotografía

Pablo Lage – Grafiti e Deseño Gráfico

Verónica Rodríguez – Deseño de Interiores

Ana Díaz – Deseño Gráfico

Isabel Carril – Cerámica

Bruno Máez – Fotografía e Cinematografía