Se no mes de novembro de 2018 foi o alumnado da EASD Ramón Falcón quen visitou a Fundación San Calixto, neste pasado mes de xaneiro tocounos a nós recibir na escola aos estudantes do Ciclo Superior de Deseño e Amoblamento do C.I.F.P. Politécnico de Lugo.

Continuamos a traballar con eles para deseñar e fabricar un revestimento mixto que combine cerámica e madeira, incorporando tecnoloxías de control numérico. Así, os nosos alumnos de 3º de Deseño Gráfico presentaron o seu magnífico traballo para a gráfica do proxecto. O mesmo fixeron, ca súa proposta de revestimento, as alumnas de Deseño de Interiores, a fin de poder realizar as primeiras probas no taller.

Ademais, guiamos aos nosos invitados nunha visita polo noso obradoiro de cerámica. Seguimos traballando, man a man!