O pasado xoves 18 de outubro tivemos o pracer de recibir na escola a un antigo coñecido como Óscar Santomé, deseñador de interiores da promoción de 1999. Con case dúas décadas de traxectoria profesional ás costas, a última co seu propio despacho, Óscar achegouse á EASD Ramón Falcón de Lugo para compartir os seus coñecementos e opinións. Non veu só. Para enriquecer a conversa, quixo estar acompañado por un dos seus clientes (Menudo Circo), un xefe de obra (Método Construcción), un enxeñeiro (Punto Cartago) e unha empresa de equipamento (Global Asento); así como de Andrea, alumna recentemente graduada que realizou prácticas no seu estudio.

Cando Óscar fala se percíbense as horas de voo acumuladas. Ten formación, ten oficio e tamén unha metodoloxía de traballo, que nos invitou a coñecer durante o evento. Todo isto é o que lle dá a credibilidade que precisa un profesional. Sen esquecer, por suposto, ese factor que nos recordou na charla. Algo que engraxa e facilita todo o traballo de estudio e obra: o sentido do humor.

Fotos: @osantome