Conexión Galicia – India. Para ser máis exactos, Lugo – Calcuta. O pasado mes de marzo, el profesor Xosé Fontal da EASD Ramón Falcón de Lugo formou parte dunha delegación de profesores españois de Centros de Arte que visitaron a Facultade de Belas Artes da Amity University en Calcuta. Chegado xuño, chegou o momento de que os docentes deste centro devolvesen a visita en territorio lugués.

Catro profesores da Amity University coñeceron Lugo grazas ao programa Erasmus+. En primeiro lugar foron recibidos por Lara Méndez, alcaldesa de Lugo, na Casa do Concello. Despois visitaron o Museo Provincial, con benvida da dirección, que ofreceu unha visita guiada en inglés.

Tras un breve paseo pola cidade e unha comida tradicional galega, achegáronse á EASD Ramón Falcón para coñecer de cerca e con todo detalle os estudos e materias que impartimos na escola.