O próximo xoves 16 de novembro, entre as 10:00 e as 12:00, o alumnado de primeiro e segundo curso do CFGS de Fotografía da EASD Ramón Falcón terá a oportunidade de visitar a exposición ‘Génesis’, de Sebastião Salgado. Achegarémonos á Praza Maior de Lugo, nunha actividade coordinada polos profesores Alfredo Yáñez e Noelia Pardo. ‘La Caixa’ organiza esta mostra de arte na rúa.

Trátase dunha “oda visual á maxestosidade y fraxilidade da Terra; unha advertencia de todo o que estamos en risco de perder”, en palabras do propio artista brasileiro. A exposición está formada por un total de 38 fotografías de persoas, animais e paisaxes, en rincóns virxes das Illas Galápagos, Madagascar, Alaska, a selva do Amazonas…

Se che interesa participar na actividade, inscríbete na conserxería da escola antes do próximo luns 13 de novembro. Deberás achegar o teu nome e apelidos, DNI, teléfono de contacto e indicar os estudos que estás a cursar.