Con máis de medio século de historia, a Universidade de Arte de Tirana (Albania) é unha institución pública de educación superior avalada por unha longa tradición. Se es estudante da EASD Ramón Falcón de Lugo tes a oportunidade de pasar uns meses aprendendo neste centro, a través da convocatoria extraordinaria de mobilidade Erasmus+.

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o martes 17 de outubro de 2017. Se tes interese, convidámosche a asistir á reunión informativa sobre os programas Erasmus+ da EASD Ramón Falcón. Será o martes 10 de outubro a partir das 12:00 no Salón de Actos da escola.

Non faltes!

Descarga aquí a información e o formulario de solicitude.