A preparación para o curso 2019/20 xa comezou. O prazo para formalizar inscricións nas probas de acceso ás Ensinanzas Superiores de Deseño e aos Ciclos Formativos xa está aberto. Na nosa web tamén podes atopar o calendario de matriculación para o curso 2019/20.
Na EASD Ramón Falcón ofrecemos seis alternativas de estudos distintas:
- Título Superior de Deseño de Interiores
- Título Superior de Deseño Gráfico
- Ciclo Formativo de Grao Superior de Artes Plásticas e Deseño en Cerámica Artística
- Ciclo Formativo de Grao Superior de Fotografía
- Ciclo Formativo de Grao Superior de Gravado
- Ciclo Formativo de Grao Medio de Serigrafía Artística
Premendo no nome de cada titulación poderás acceder a información detallada sobre as prazas ofertadas en cada curso académico, o plan de estudos, as saídas profesionais…
Queres saber máis sobre o proceso para acceder aos estudos que ofertamos?
- Acceso a Deseño de Interiores ou Deseño Gráfico
- Acceso aos Ciclos Formativos de Grao Superior (Cerámica Artística, Fotografía ou Gravado)
- Acceso ao Ciclo Formativo de Grao Medio de Serigrafía Artística
Ademais, aquí contestamos a unha das dúbidas que aparecen con maior frecuencia: Que diferencia hai entre un Grao Universitario e un Título Superior de Ensinanzas Artísticas?
Sabemos que cada caso é distinto e que son moitas as preguntas que xorden á hora de escoller estudos. Por iso queremos poñernos á túa disposición para contestalas, de forma personalizada e individualizada.
Preme aquí para acceder a todos os canais de contacto coa EASD Ramón Falcón. Queremos axudarte!
Leave A Comment