Xa están publicadas as listaxes coas cualificacións provisionais das probas de madureza dos Ciclos Formativos de Grao Superior (Gravado e Técnicas de Estampación, Fotografía e Cerámica Artística).

Os aspirantes poderedes formular reclamacións contra as cualificacións obtidas ou solicitar emendas dos erros observados,
mediante escrito razoado presentado na secretaría da escola onde se realizou a proba (Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo) durante os días 30 de xuño e 1 de xullo. Os tribunais avaliadores resolverán o que proceda o día 4 de xullo e publicarán, no mesmo día, as listaxes definitivas nos taboleiros de anuncios e na páxina web da escola onde se realizou a proba.

Aquí tes as listaxe e moita sorte!: