Xa están publicadas as listaxes coas cualificacións definitivas das probas de acceso ás Ensinanzas Superiores de Deseño:

Se obtiveches praza nos nosos estudos, parabéns! Agora comeza o proceso de matriculación, cuxo prazo será do 6 ao 15 de xullo.

Neste prazo deberás presentar o impreso de matriculación en secretaría debidamente cuberto, xunto á seguinte documentación:

  • Certificado da titulación académica requirida.
  • 2 fotos de carné (cos apelidos e nome no reverso)
  • Fotocopia do DNI (se es alumno sen expediente no centro: DNI orixinal e fotocopia)
  • Pago do seguro escolar (exentos os maiores de 28 anos)
  • Pago de taxas administrativas

Agardámosche!