A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de facer pública a listaxe provisional de persoas admitidas ás probas convocadas pola Resolución do 14 de abril de 2016 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se ditan instrucións para o acceso ás ensinanzas artísticas superiores reguladas pola Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio de educación, para os aspirantes que non estean en posesión do título de bacharelato. (DOG 28/04/2016).

Poderás presentar reclamacións contra a listaxe provisional entre os días 1 e 2 de xuño, ambos os dous incluídos, na secretaría da Escola ou tamén no correo electrónico sxeefp(a)edu.xunta.es.

Podes contustar a relación nesta ligazón.