Se queres estudar Deseño Gráfico ou Deseño de Interiores no curso 2017/18 e tes o título de bacharelato, ou ben outra titulación que che permita o acceso directo, desde hoxe xoves 18 de maio e ata o venres 9 de xuño podes inscribirte nas probas específicas, que deberás superar para conseguir a túa praza nestas titulacións. Preme aquí para ver máis información sobre o acceso ás Ensinanzas Artísticas Superiores.

Estas probas realizaranse o xoves 22 de xuño desde as 11:00 horas na Escola Pablo Picasso da Coruña, co seguinte horario:

– De 11:00 a 13:00 – Primeira parte
– De 16:00 a 20:00 – Segunda parte
— De 16:00 a 18:00 – Primeiro exercicio
— De 18:00 a 20:00 – Segundo exercicio

Podes formalizar a túa inscrición nesta proba na secretaría da EASD Ramón Falcón. Consulta a publicación no Diario Oficial de Galicia para coñecer que documentación precisas presentar:

Resolución do 4 de maio de 2017, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o acceso e admisión do alumnado ás ensinanzas superiores de Deseño para o curso 2017/18.

Non esquezas que tanto o Título Superior de Deseño Gráfico como o Título Superior de Deseño de Interiores son equivalentes aos correspondentes títulos universitarios de grao.