Se queres estudar Deseño Gráfico ou Deseño de Interiores no curso 2017/18 e non tes o título de bacharelato, desde hoxe luns 15 de maio e ata o mércores 31 podes inscribirte nas probas de madureza, primeiro paso no acceso a estas titulacións.

Esta proba realizarase o mércores 7 de xuño ás 09:00 horas no IES As Fontiñas de Santiago de Compostela, co seguinte horario:

– 09:00: Presentación.
– De 09:30 a 10:30: Lingua Estranxeira (Inglés ou Francés).
– De 10:30 a 11:30: Lingua Castelá e Literatura.
– De 12:00 a 13:00: Lingua Galega e Literatura.
– De 13:00 a 14:00: Filosofía.
– De 16:00 a 17:00: Historia de España.

Para formalizar a túa inscrición na proba de madureza achégate á secretaría da EASD Ramón Falcón co teu DNI.

Se estás en posesión do título de bacharelato ou equivalente, ou superaches a proba de acceso á Universidade para maiores de 25 anos, non é preciso que realices esta proba de madureza. Preme aquí para ver máis información sobre o acceso ás Ensinanzas Artísticas Superiores.

Non esquezas que tanto o Título Superior de Deseño Gráfico como o Título Superior de Deseño de Interiores son equivalentes aos títulos universitarios de grao correspondentes.

Resolución do 4 de maio de 2017 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o acceso ás ensinanzas artísticas superiores reguladas pola Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para os aspirantes que non cumpran o requisito de titulación.