Sempre resulta gratificante botar un ollo á prensa e descubrir que alumnos ou ex-alumnos da EASD Ramón Falcón reciben premios e recoñecemento ao seu traballo. A alegría neste caso é tripla, porque son tres os estudantes do CFGS de Fotografía os que resultaron galardoados en distintos certames.

José Marcos López Álvarez obtivo o primeiro premio no V Concurso de Fotografía Estampas de paz e acougo, no que xa resultara gañador da última edición. A súa foto ‘Paz, Anxo da Garda na noite máis escura de todos os tempos’ resultou elixida polo xurado. Nese mesmo concurso o terceiro premio foi para Tania Penoucos Blanco, por unha foto titulada ‘O Gardián do cemiterio’.

Por outra banda, tanto José Marcos Lopez Álvarez como Breogán Alamancos Millán obtiveron accésits no XXIII Maratón Fotográfico do Campus Terra da USC, organizado pola Área de Cultura de la USC en colaboración co Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá ao abeiro do programa Lugo Cultural. No pavillón central do Centrad pode visitarse ata o próximo 18 de xaneiro unha mostra con imaxes de todos os participantes.

De todos os que formamos a EASD Ramón Falcón, parabéns, Marcos, Breogán e Tania!