O pasado 27 de outubro celebramos a nosa tradicional Xuntanza, a festa do patrón das ensinanzas artísticas, San Antonio María Claret. Como cada ano, aproveitamos o evento para inaugurar a exposición conxunta cos proxectos de fin de carreira do curso pasado dos alumnos de todas as titulacións, disfrutamos dun concerto (nesta ocasión, a cargo de Kadett GSI) e fixemos entrega dos Premios Extraordinarios aos alumnos cos mellores expedientes do ano.

Deixamos por aquí a relación de premiados:

  • Ciclos Formativos de Grao Medio: Roser Ares Rodríguez
  • Ciclos Formativos de Grao Superior: María Lidia Castro Vargas
  • Estudos Superiores de Deseño: Delia María Lorenzo Zarandona
  • Mención de honra á creatividade e a innovación: Antonio Sanjurjo Astorgano

Parabéns!