Os estudantes de 4º curso de Deseño de Interiores da EASD Ramón Falcón tiveron a oportunidade de participar no obradoiro de escenografía ‘Apuntes para un making of’, impartido polo director de teatro Guillermo Cancelo.

Ensaiando obras como El nacimiento de Venus, Not Be, La linea del horizonte y A xaula do poder; os alumnos traballaron conceptos como a escenografía, o deseño de iluminación, o vestiario, a música e o movemento. Sempre encadrándoos nun proceso que partía das súas propostas, posteriormente supeditadas á lectura que o director fai da obra e acaba plasmando na súa posta en escena.