O pasado luns 18 de febreiro, o noso alumnado dos segundos cursos dos CFGS de Cerámica, Gravado e Fotografía asistiron a un obradoiro co profesorado do módulo de Formación e Orientación Laboral (FOL). O evento, organizado polo Concello de Lugo a través de CEI Nodus baixo a denominación ‘Future Jobs’, pretendía invitar aos estudantes a reflexionar sobre as novas formas de acceder ao emprego ou o emprendemento.

No contexto dun mundo cambiante, a innovación, a creatividade e o talento son un valor engadido que debe formar parte do proceso de aprendizaxe e reciclaxe profesional continuo. O obradoiro tivo lugar no Salón de Actos do Vello Cárcere, durante 4 horas; e foi impartido por Nacho Villoch, autor de ‘El desafío de Yago’ e ‘La aventura de Diana’.