O luns 14 de outubro, o alumnado do CFGS de Fotografía da EASD Ramón Falcón de Lugo terá a oportunidade de participar nun obradoiro guiado por Jorge Represa. Trátase dunha actividade incluída na programación organizada arredor do XIV Premio Luís Ksado de Fotografía.

Jorge Represa é un referente da fotografía contemporánea, especializado en retratos. Ten colaborado con publicacións como El País, The European, Rolling Stone Magazine, El Mundo, Vogue, Elle… 

O obradoiro de Jorge Represa terá lugar o luns 14 de outubro, de 12 a 14 horas e de 17 a 20 horas, na sala do paraninfo do Rectorado da Universidade da Coruña (Rúa Maestranza, 9, A Coruña). Os estudantes inscritos na actividade partirán da EASD Ramón Falcón ás 10:00, con regreso previsto para a tarde/noite do mesmo día.

Se queres participar, inscríbete na conserxería do centro antes do xoves 10 de outubro. Deberás achegar o teu DNI e datos persoais, informar dos estudos que cursas e pagar 3€ en concepto de reserva.