Como é tradición cada ano por estas datas, na EASD Ramón Falcón convocamos os nosos concursos de postais de Nadal. Será a duodécima edición do Premio de Postais de Nadal e a sexta edición do Concurso de Postais Multimedia.

Ata o próximo venres 30 de novembro podes presentar os teus traballos orixinais e inéditos, facendo referencia ao espírito destas datas e incluíndo o logotipo da escola. A participación está aberta a todo o alumnado da EASD Ramón Falcón, de calquera das titulacións impartidas no centro, aceptándose candidaturas individuais ou en grupo.

Un xurado composto por cinco profesores, un representante da dirección e o secretario (sen voz nin voto) encargarase de escoller as postais gañadoras. Haberá un premio de 125€ para o traballo gañador de cada certame e outro de 75€ para o segundo clasificado en cada caso. Tamén se poderán conceder sendos accésits sen remuneración económica. Todos os premiados recibirán, ademais, unha acreditación escrita.

Antes de empezar a traballar, recomendamos ler con atención as bases dos concursos:

Bases XII Premio Postais de Nadal 2018

Bases VI Concurso de Postais Multimedia de Nadal 2018

Tamén podes recordar os traballos premiados en edicións anteriores: