Un ano máis, desde a EASD Ramón Falcón poñemos en marcha os nosos concursos de postais de Nadal. Será a undécima edición do Premio de Postais de Nadal e a quinta edición do Concurso de Postais Multimedia.
Ata o próximo xoves 30 de novembro podes presentar os teus traballos orixinais e inéditos, facendo referencia ao espírito destas datas e incluíndo o logotipo da escola. A participación está aberta a todo o alumnado da EASD Ramón Falcón, de calquera das titulacións impartidas no centro, aceptándose tanto candidaturas individuais como en grupo.
Un xurado formado por cinco profesores, un representante da dirección e o secretario (sen voz nin voto) encargarase de escoller as postais gañadoras. Haberá un premio de 125€ para o traballo gañador de cada certame e outro de 75€ para o segundo clasificado en cada caso. Tamén se concederán dous accésits sen remuneración económica. Todos os premiados recibirán, ademais, unha acreditación escrita.
Antes de que comeces a traballar, debes ler detidamente as bases dos concursos:
Tamén podes botar un ollo aos traballos premiados en edicións anteriores:
Leave A Comment