0 6 de xuño de 2016 quedará gravado na historia da Escola Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón: non todos os días se pode presumir de ter un alumno Primeiro Premio Nacional de Educación no ensino non universitario na categoría de Rendemento Académico do Alumnado na Modalidade Artes Plásticas e Deseño: mil parabéns Bruno Martínez Pérez!!

Bruno Martínez Pérez, coñecido como Bruno Máez, rematou o pasado curso o Ciclo Superior de Fotografía e foi un dos seis estudantes galardoados en toda España co Premio Nacional de Educación en ensino non universitario que concede cada ano o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.

Mais non é o seu primeiro premio: xa en xaneiro deste ano foille concedido o Premio Extraordinario nos Ensinos Artísticos Profesionais na modalidade de Artes Plásticas e Deseño na Comunidade Autónoma de Galicia polo mesmo proxecto: Future Noir. ¿Cree usted que los androides tienen alma?

Sobre o seu proxecto, onte mesmo falaba así en La Voz de Galicia:

-¿En que se centrou o seu proxecto?
-Levoume moito tempo perfilalo e moito esforzo levalo a cabo, é un traballo moi complexo. Supón, a grandes rasgos, unha crítica social, ou máis ben unha visión persoal do que ocorre socialmente. Para elo, inspireime na película Blade Runner, que está baseada no libro de Philip K. Dick ¿Sueñan los adroides con ovejas eléctricas? A miña primeira intención era contar Blade Runner en vinte fotografías, pero ao final fun afondando no tema, sobre todo no libro, e saíu algo moito máis complexo e elaborado. En vinte fotos e máis de cen páxinas de memoria intento describir o que ocorre hoxe en día socialmente. O proxecto tituleino Future noire. ¿Cree usted que los androides tienen alma?

Desde a escola non podemos sentirnos máis orgullosos por Bruno e non temos forma de expresarlle os nosos máis sinceros parabéns!

Se queres coñecer máis a Bruno, podes pasar polas seguintes ligazóns: