A última semana de outubro chega cargada de actividade á EASD Ramón Falcón de Lugo

Durante o luns 23 e o martes 24 de outubro gozaremos no centro dun outlet de libros de Deseño de editoriais internacionais, con prezos especiais exclusivos para profesores e alumnado.

Ademais, o martes 24 tamén nos visitará Joan Antoni Canal para presentar o festival de deseño internacional Selected’17. Podedes consultar toda a información sobre o mesmo na web oficial do certame.