Préstache unha viaxe cultural a Bilbao? Queres visitar o Festival Internacional de Gravado, o Museo Guggenheim e o Museo de Belas Artes? Entón podes inscribirte nesta actividade, dirixida a estudantes do CFGM de Serigrafía Artística e do CFGS de Gravado e Técnicas de Estampación.

  • Saída: venres 15 de novembro, 07:30 da mañá, EASD Ramón Falcón.
  • Regreso: domingo 17 de novembro pola noite.
  • Inscricións: na secretaría do centro, achegando nome e apelidos, DNI, teléfono de contacto e estudos que se están a cursar. Ademais, deberase facer unha entrega de 10€ en concepto de reserva e determinar tipo de aloxamento (hotel ou por conta propia).
  • Prazo de inscrición: ata o venres 8 de novembro.
  • Profesora encargada da coordinación: Faína Manchón González.