Como sempre, na EASD Ramón Falcón tentamos aprender a través da práctica e a experimentación. Nese sentido, os obradoiros impartidos por expertos e profesionais permítennos coñecer de primeira man técnicas e procesos relacionados coas titulacións que se imparten no centro. Os pasados 16 e 21 de marzo, por exemplo, alumnos do CFGS de Cerámica Artística tiveron oportunidade de participar nun obradoiro de elaboración de tarraxas para pezas de revolución, guiado por Marta Fernández Núñez.

Os estudantes tiveron que deseñar en papel o perfil do prototipo ou obxecto de revolución. Posteriormente, elaboraron a tarraxa que por rotación sobre xeso xera unha superficie ou corpo xeométrico determinado. A partir desta matriz, a través da creación dun molde, é posible facer despois multitude de reproducións da peza deseñada

Sobre estas liñas podedes ver algunhas fotos do obradoiro, que resultou de interese para todos os asistentes.