O vindeiro xoves 4 de maio gozaremos na escola dun obradoiro de microautoedición express dirixido polo ilustrador Puño. Será na Sala de Profesores da EASD Ramón Falcón entre as 17:30 e as 20:30.

As prazas son limitadas. No obradoiro participarán un máximo de 15 estudantes da escola. O prazo para inscribirse remata o venres 28 de abril; e o martes 2 de maio ás 12:00 sortearanse as prazas na aula 5.

Ademais, o venres 5 de maio o mesmo Puño ofrecerá un relatorio co título ‘Demoliendo la cuarta pared’, no Salón de Actos da escola a partir das 12:00. Será un acto aberto ao público ata completar aforo.