O pasado mes de marzo, concretamente os días 6, 8 e 10, os alumnos dos ciclos de Gravado e Serigrafía da EASD Ramón Falcón tiveron ocasión de asistir a un obradoiro de encadernación artesanal. Tres sesións de 4 horas para afondar tanto na teoría como na práctica, atendendo a tres técnicas distintas.

Así, repasamos brevemente a historia de la encadernación, preparamos as tapas e realizamos ata tres libros de autor. Empregamos as técnicas belga, copta e xaponesa, a fin de coñecer con detalle cada unha delas.

Sobre estas liñas podedes ver algunhas imaxes do obradoiro e dos resultados conseguidos.