Se aínda estás pensando se iniciar estudos de Deseño Gráfico ou Deseño de Interiores no curso 2015/16 na EASD Ramón Falcón de Lugo… non tardes moito en decidirte! O vindeiro xoves, día 28 de maio, remata o prazo de inscrición nas probas de acceso.

Se completaches o bacharelato ou superaches a proba de acceso á Universidade para maiores de 25 anos, terás que inscribirte nunha proba específica para conseguir praza nestas titulacións de ensinanzas artísticas superiores. Se non tes título de bacharelato ou equivalente, ou se non superaches a proba de acceso á Universidade para maiores de 25 anos, tamén terás que inscribirte na proba de madurez.

Non o dubides máis e consegue con nós a formación que precisas para iniciar a túa traxectoria profesional no mundo do deseño. Se tes preguntas, contacta con nós. Deixa un comentario aquí ou…

Tamén te pode axudar ler isto: