O pasado venres 10 de maio celebrouse a ceremonia de entrega da VIII edición dos Premios Josep Albert Mestre á Excelencia nas Ensinanzas de Artes Plásticas e Deseño. O acto tivo lugar na sede da Escola d’Art i Superior de Disseny Illes Balears de Palma de Mallorca; e alí estivo Salvador Cidrás Robles, alumno do CFGS de Cerámica Artística na EASD Ramón Falcón de Lugo.

Salvador foi recoñecido co premio ao mellor proxecto de Ciclos Formativos de Grao Superior co traballo Uralitos / Bestas.

Parabéns!

Salvador Cidrás - Premio Mestre 2019

Picture 1 of 5