Queres estudar un Ciclo de grao Superior na nosa escola? Boa decisión! Pero é o momento de facer os trámites necesarios; e ben sabes que sempre é moito máis seguro non deixalos para o final. Para matricularte en Gravado, Cerámica ou Fotografía, deberás inscribirte nas probas de acceso antes do mércores 17 de xuño.

Consulta aquí con que titulacións ou con que experiencia profesional podes ter dereito a acceso directo a estas titulacións superiores. Se non é o teu caso, deberás facer unha ou dúas probas de acceso:

  • Se completaches o bacharelato ou superaches a proba de acceso á Universidade para maiores de 25 anos, terás que inscribirte nunha proba de madurez para conseguir a túa praza. Será o 26 de xuño na EASD Mestre Mateo de Santiago de Compostela.
    .
  • Se non tes título de bacharelato ou equivalente, ou se non superaches a proba de acceso á Universidade para maiores de 25 anos, tamén deberás inscribirte nunha proba específica. Será o 9 de xullo na EASD Mestre Mateo de Santiago de Compostela.

Non o dubides máis e prepárate para conseguir a formación que precisas. Se tes preguntas, contacta con nós. Podes deixar un comentario neste blog ou ben…

Tamén te pode axudar ler isto: