Categories: Conferencias, Jornadas

Borra o que teñas na axenda para a vindeira semana. Hai 4 conferencias e un obradoiro por outros tantos expertos que non podes perder os vindeiros 14, 15, 16 e 17 de marzo dentro das Microxornadas 2016.

Aquí tes o programa:

Luns 14 marzo, ás 10:00 horas. Conferencia de Enric Gades, do Estudio Vassava

Estudio Vassava é un estudio de comunicación creado en Barcelona hai case dúas décadas. Referente do deseño barcelonés, frecuentemente son convidados aos maiores eventos do deseño a nivel mundial. Vasava traballou para o festival de revistas CMYK, a web de FAD, etc. Desde as súas orixes, fixeron atractivos proxectos propios como Vasava Leisure ou a edición dos Evophat e 1×1, unha investigación gráfica do uso do píxel.

Martes 15 de marzo, ás 12.00 h. Conferencia sobre grafismo para TV. Jairo Aldana, V Televisión

Jairo Aldana é enxeñeiro técnico en Telecomunicacións, ademais de técnico en Realización Audiovisual. Desde 2001 dedícase á realización de programas de televisión pasando por Mediapro ou a Fundación TIC. En 2007 dirixiu a montaxe e a postprodución da mediametraxe “Nothing” (Philippe Nadouce / Will Keen) para Idiot Internazional e foi premiado no Accolade Film Festival de Los Angeles. Tamén traballou como realizador de anuncios publicitarios e impartiu clases de “Realización en televisión” e “Edición y postproducción de video” na Escola de Imaxe e Son da Fundación Tic. Actualmente é xefe de realización en V Televisión.

Mércores 16 de marzo, ás 12:00. Conferencia «Aprender – Traballar – Aprender» por Dani Bembibre do Estudio Costa

Dani Bembibre é deseñador gráfico e director de arte en Costa. Licenciado en Belas Artes, especializouse en deseño e ilustración na Universidade Aalto de Helsinki (Finlandia). Tras os seus máis de 15 anos de experiencia, traballou en axencias como Ruiz+Company ou SUMMA de Barcelona en proxectos para clientes como Silestone, Chocolat Factory, Nutrexpa, Telecinco ou na renovación da identidade visual de RTVE. En 2010 fundou o seu propio estudio na Coruña, Belda e en 2014 asociouse con David Silvosa para crear Costa. Ademais de docente, ten o Premio do Art Directors Club of Europe, un Premio LAUS e os premios Grafia de Finlandia.

17 de marzo ás 12.00h Conferencia «Tipografía e Identidade Corporativa» por Marcos Dopico

Marcos Dopico é deseñador gráfico e profesor asociado na Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo. Doutor en deseño pola mesma universidade, desde 2006 é socio do estudio de deseño De dominio público. O seu labor de investigación céntrase na historia do deseño, especialmente no proxecto moderno e as súas implicacións na situación actual, así como a tipografía.

16 de marzo ás 16.00h. Tallercreación de Portfolio. Estudio Costa

Vémonos!