Hoxe queremos presentarte un proxecto da nosa alumna Verónica Rodríguez Corral, realizado como traballo de fin de estudos no Título Superior de Deseño de Interiores. Titúlase ‘Moss Home’ e consiste no acondicionamento completo dun faiado para usalo como vivenda. A distribución do espazo, a iluminación, os mobles… todos os aspectos no ámbito do interiorismo están previstos nos pormenorizados plans de Verónica.

A intención neste caso era adaptar o espazo e as súas funcións ao estilo de vida e aos gustos do inquilino, previamente analizados. O tabique onde está a porta de entrada derribouse para substituílo cun translúcido de U-Glass, creando un efecto máis contemporáneo e ao mesmo tempo aproveitando a luz natural das ventás da escaleira. No interior atopamos un espazo semidiáfano distribuído ao redor dun gran tabique central cuberto por vexetación.

O que non era máis que un faiado queda convertido nun completo e funcional apartamento con zona de estudo, zona de estar, comedor, cociña, aseo e dormitorio. Todo cun mobiliario perimetral deseñado a medida, pavimento porcelánico e teito de madeira. Desde o dormitorio, que está separado por unha longa cortina, podemos acceder á zona máis íntima da casa, resgardada polo tabique vexetal. Aquí están a ducha, o vestidor, o lavabo, o váter…

Por certo: toda a vivenda conta con sistemas de iluminación LED de baixo consumo. Como podes ver, un proxecto tan interesante como ben pensado.

Se tes interese no Deseño de Interiores, non esquezas que ata o vindeiro 3 de setembro estará aberto o prazo de inscrición nas probas de acceso a esta titulación. Estes posts poden resultarte de utilidade para coñecer mellor estes estudos e a nosa escola:

E se aínda tes dúbidas ou preguntas, contacta con nós!