O xoves 25 de abril o especialista Javi Montes impartirá unha masterclass sobre Cor dixital na Banda Deseñada na EASD Ramón Falcón de Lugo. Será entre as 17 e as 19 horas, na aula 5 da escola. Este evento celébrase con motivo do II Encontro de Banda Deseñada Histórica.

A actividade está dirixida ao alumnado de segundo e terceiro curso de Ensinanzas Superiores de Deseño Gráfico. No caso de quedar prazas libres, ofrecerase a estudantes doutros cursos e ciclos a posibilidade de asistir. Quen teña interese pode comunicarse con Marta Salgado, J. A. Cruz Lago ou Aida Fernández Carreira, organizadores da xornada.