ACTUALIZACIÓN [24/04]: Judit Rozas Cabanas é gañadora do I Premio Arturo Álvarez de Jóvenes Talentos. Parabéns, Judit!
Hoxe temos que felicitar moi efusivamente a Judit Rozas Cabanas. Esta antiga alumna da EASD Ramón Falcón de Lugo está entre os cinco finalistas do I Premio Arturo Álvarez de Jóvenes Talentos.
Este certame desafiou aos participantes a deseñar unha lámpada decorativa de interior; e o proxecto ‘Marea’ presentado por Judit está entre os mellores para o xurado. Trátase dunha crítica do estado dos océanos na que logra reunir deseño e reutilización de materiais.
O próximo 24 de abril darase a coñecer o proxecto gañador, que obterá un premio de 2.500 euros, ademais de contar coa posibilidade de facer realidade a súa creación e viaxar a Milan con Arturo Álvarez para visitar a ‘Fiera del Mobile Euroluce‘ na primavera de 2019.
Leave A Comment