Unha vez máis temos que felicitar a un dos nosos alumnos polo seu éxito nun certame artístico. Trátase de José Marcos López Álvarez, estudante de segundo curso do Ciclo Superior de Fotografía na EASD Ramón Falcón, que vén de recibir o diploma como gañador do primeiro premio no  IV Concurso de fotografía ‘Estampas de paz e acougo’.

Unha foto titulada ‘Chorando a Xesús de Nazaret’ serviulle a José Marcos para gañar o concurso, organizado polo Concello de Lugo dentro das actividades relacionadas co Día de Defuntos. Podedes vela na súa web, xunto a algunhas outras realizadas para o mesmo certame. A entrega de premios tivo lugar onte, martes 8 de novembro, na capela do cemiterio municipal de San Froilán.

O xurado, formado polo fotógrafo Eduardo Ochoa, a arqueóloga municipal Covadonga Carreño e o encargado do camposanto Serafín Saavedra, premiou ao noso alumno por captar mellor que ninguén a sensación de paz e harmonía que transmiten os cemiterios.

Parabéns, José Marcos!