Na EASD Ramón Falcón encántanos que o centro estea cheo de cores, de vida, de iniciativa do noso alumnado. Hoxe compartimos aquí un exemplo, grazas aos estudantes de primeiro curso de Deseño Gráfico. Como podedes comprobar nas imaxes, pintaron as ventás da aula de Debuxo usando rotuladores.

Foi un traballo por equipos, no que o propio alumnado propuxo, escolleu e executou cada unha das propostas. Estas ventás son visibles desde varios lugares moi concorridos da escola. De feito, celebramos unha votación para que o público elixise o debuxo que máis lle gustaba. Coñecer estas opinións tamén foi parte interesante da actividade. Moitas grazas aos que participastes na votación!

Preme nas miniaturas baixo estas liñas para ver os debuxos en maior tamaño.