Finalizado o prazo de inscrición nas probas de acceso ao Ciclo Formativo de Grao Medio de Serigrafía Artística, publicamos o correspondente listado de aspirantes inscritos.

Consulta o documento para saber se debes presentarte á proba de madureza (martes 5 de setembro desde as 10:00 na EASD Ramón Falcón de Lugo) e/ou á proba específica (luns 11 de setembro desde as 10:00 na EASD Ramón Falcón de Lugo). Unha vez realizadas as probas e coñecidos os aspirantes con dereito a praza, o prazo de matrícula permanecerá aberto entre o 18 e o 20 de setembro.

Preme aquí para ver o listado en formato PDF.