O pasado venres 5 de xuño foron aprobadas as resolucións polas que se convocan as probas de acceso para as Ensinanzas Artísticas Superiores de Deseño (Deseño Gráfico e Deseño de Interiores) para o curso 2020/21. As resolucións publicaranse no Diario Oficial de Galicia o mércores 17 de xuño.

Consulta aquí a resolución da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se dictan instruccións para o acceso e admisión do alumnado ás Ensinanzas Superiores de Deseño para o curso 2020/21.

As solicitudes para participar nestas probas de acceso poderanse presentar desde o xoves 18 ata o luns 29 de xuño, ambos os dous incluídos.

Como inscribirse nas probas?

Cando e onde terán lugar as probas?

As probas substitutivas do requisito de titulación de bacharelato terán lugar o día 6 de xullo en Santiago de Compostela, e as probas específicas para as distintas ensinanzas artísticas superiores darán comezo o día 13 de xullo nos centros educativos correspondentes.

Polo que respecta aos protocolos para a realización das probas, poderase ter en conta, a modo de orientación e na medida que corresponda, o Protocolo ABAU 2020 en Galicia da CiUG.

.

Tes dúbidas sobre o proceso de inscrición nas probas de acceso? Chama ao 982 220 790 e axudámosche a resolvelas.
.