O pasado martes 9 de xuño foron aprobadas as resolucións polas que se convocan as probas de acceso para os ciclos formativos de grao superior (Cerámica, Fotografía e Gravado) para o curso 2020/21. As resolucións publicaranse no Diario Oficial de Galicia o venres 19 de xuño.
Consulta aquí a resolución pola que se convocan as probas de acceso para as ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño para o curso 2020/21.
Inclúe:
– Información sobre os prazos.
– Data e localización das probas.
– Contido e formato das probas.
– Prazos e instruccións para realizar a matrícula.As solicitudes para participar nas probas de acceso a ciclos formativos de grao superior poderanse presentar desde o luns 22 de xuño ata o venres 3 de xullo, ambas datas incluídas.
Como inscribirse nas probas?
- Por vía telemática. Mediante CodexPro, nas datas sinaladas.
. - Presentando o formulario e a documentación na secretaría do centro. Le atentamente a resolución para saber cal é a túa vía de acceso e que documentación precisas.
Cando e onde terán lugar as probas?
A proba substitutiva do requisito de titulación de bacharelato para acceso a ciclos de grao superior terá lugar o venres 10 de xullo, e a proba específica de acceso terá lugar o luns 20 de xullo; nos dous casos, na EASD Ramón Falcón.
En relación aos protocolos para a realización das probas, poderase ter en conta, a modo de orientación e na medida que corresponda, o Protocolo ABAU 2020 en Galicia da CiUG.
.
Tes dúbidas sobre o proceso de inscrición nas probas de acceso? Chama ao 982 220 790 e axudámosche a resolvelas.
.
Leave A Comment