O alumnado de primeiro curso de Deseño Gráfico terá a oportunidade de visitar o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) en Santiago de Compostela. A visita terá lugar o próximo xoves 25 de abril, nunha actividade titulada «Encontro coa arte contemporánea, destrucción, construcción, reconstrucción».

A saída está prevista para as 15:30, desde a EASD Ramón Falcón de Lugo. O regreso será na tarde / noite do mesmo día.

As persoas interesadas en participar na actividade deberán inscribirse na conserxería do centro antes do martes 23 de abril. Deberán achegar datos personais, DNI, teléfono de contacto e estudos que cursan, así como unha cantidade de 3€ en concepto de reserva. Os profesores encargados de coordinar a viaxe e a visita son Jorge Couceiro e Ana Mazaira.