A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional organiza FP Innova Galicia 2019, que terá lugar entre os días 8 e 10 de maio na Cidade da Cultura de Galicia. É a cuarta edición de este evento, un referente na difusión da innovación didáctica e tecnolóxica, a transferencia de coñecemento e a capacidade de emprender da formación profesional galega.

A EASD Ramon Falcón de Lugo participa con Madémica, un proxecto de investigación e colaboración co C.I.F.P. Politécnico no que tomaron parte o Departamento de Ensinanzas Profesionais de Produto, o Departamento de Deseño Gráfico e o Departamento de Deseño de Interiores.

A visita a FP Innova Galicia 2019 será o día 8 de maio. A saída está prevista para as 15:15, desde a EASD Ramón Falcón; con regreso a Lugo ás 20:30. É unha actividade dirixida a todo o alumnado da escola. As inscricións deben formalizarse na conserxería do centro entre o 2 e o 6 de maio.