O próximo mércores 18 de decembro desprazarémonos á Coruña. Nunha actividade dirixida ao alumnado de primeiro e terceiro curso de Deseño Gráfico, visitaremos a terceira edición das Xornadas de Arte e Deseño da EASD Pablo Picasso (3XAD) e a exposición ‘Luís Seoane no Museo de Belas Artes da Coruña. O legado de Maruxa Seoane’.

A saída desde a EASD Ramón Falcón de Lugo está prevista para as 09:00 do mércores 18. Ás 11:00 asistiremos ao relatorio de Borja Martínez, director creativo e fundador de LoSiento. A continuación, ás 12:30, escoitaremos a Álvaro Valiño, baixo o título Data love visuals. Estas dúas actividades terán lugar na EASD Pablo Picasso. Pola tarde, ás 17:00, iremos ao Museo de Belas Artes para gozar coa mostra de Luís Seoane. O regreso a Lugo está previsto para as 19:00, pendente da confirmación do horario da visita guiada no Museo de Belas Artes.

Os estudantes interesados en participar na viaxe deberán inscribirse na conserxería antes do luns 16 de decembro ás 13:00, achegando 3€ en concepto de reserva.