Ata o vindeiro xoves 3 de setembro estará aberto o prazo de inscrición nas probas de acceso a Deseño de Interiores. Unha titulación que, como xa sabes, é equivalente ao título universitario de grao. Ten unha duración de 4 anos (240 ECTS), pero para acceder non é imprescindible a realización das probas de acceso á universidade.

Se acabaches o bacharelato ou superaches a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos, terás que inscribirte unicamente nunha proba específica para obter a túa praza. Se non tes o título de bacharelato ou equivalente, ou se non superaches a proba de acceso á Universidade para maiores de 25 anos, tamén deberás inscribirte na proba de madurez. Tanto unha como outra realizaranse no mes de setembro na EASD Ramón Falcón de Lugo. Preme aquí para ver a información sobre o proceso de inscrición e consultar algúns exemplos da estrutura e contidos destas probas.

Aínda non sabes se queres estudar Deseño de Interiores? Seguro que despois de ler estes posts tes as cousas moito máis claras:

Se tes dúbidas ou preguntas, podes contactar con nós. Estaremos encantados de axudarte. Podes facer a túa consulta a través dos comentarios neste mesmo post, ou ben…