O mércores 13 de novembro o alumnado de primeiro, terceiro e cuarto curso de Deseño Gráfico terá ocasión de realizar dúas actividades. Pola mañá visitaremos as instalacións da empresa de etiquetado téxtil Uniter en Carral; pola tarde visitaremos a Fundación Barrié, na Coruña, para coñecer a exposición ‘Norman Parkinson: siempre con estilo’.

  • Saída: mércores 13 de novembro ás 09:00 da mañá, EASD Ramón Falcón.
  • Regreso: mércores 13 de novembro ás 20:00.
  • Inscricións: na secretaría do centro, achegando nome e apelidos, DNI, teléfono de contacto e estudos que se están a cursar. Ademais, deberase facer unha entrega de 3€ en concepto de reserva.
  • Prazo de inscrición: ata o venres 8 de novembro.
  • Profesora encargada da coordinación: Belén Carracedo González.