Finalizado o verán, na EASD Ramón Falcón xa temos todo preparado para o inicio do curso 2020/21.

.
O mércores 23 de setembro será a xornada de presentación de todos os cursos de Deseño Gráfico e Deseño de Interiores. Estes son os horarios e o reparto de espazos:

De 09:00 a 10:00
– 1º Deseño de Interiores – Aula 12
– 1º Deseño Gráfico – Salón de Actos

De 10:00 a 10:30 – Ventilación de espazos

De 10:30 a 11:30
– 2º Deseño de Interiores – Aula 12
– 2º Deseño Gráfico – Salón de Actos

De 11:30 a 12:00 – Ventilación de espazos

De 12:00 a 13:00
– 3º Deseño de Interiores – Aula 12
– 3º Deseño Gráfico – Salón de Actos

De 13:00 a 13:30 – Ventilación de espazos

De 13:30 a 14:30
– 4º Deseño de Interiores – Aula 12
– 4º Deseño Gráfico – Salón de Actos

O alumnado deberá presentarse puntualmente á hora determinada para o seu grupo, será obrigatorio o uso de máscara persoal e o uso ao entrar e saír da aula de hidroxel para desinfección das mans. O centro non proporcionará máscaras ao alumnado, salvo circunstancias extraordinarias . As clases comezarán con regularidade o día 28 de setembro dacordo co horario de cada grupo, dispoñible na web.

.
O xoves 24 de setembro chegará a presentación para o alumnado de Fotografía, Cerámica Artística e Gravado.

De 09:00 a 10:00
– 1º Cerámica – Obradoiro de cerámica, Aula 17
– 1º Gravado – Obradoiro de gravado, Aula 15
– 1º Fotografía – Aula biblioteca

De 10:00 a 10:30 – Ventilación de espazos

De 10:30 a 11:00
– 2º Cerámica – Obradoiro de cerámica, Aula 17
– 2º Gravado – Obradoiro de gravado, Aula 15
– 2º Fotografía – Aula biblioteca

O alumnado deberá presentarse puntualmente á hora determinada para o seu grupo, será obrigatorio o uso de máscara persoal e o uso ao entrar e saír da aula de hidroxel para desinfección das mans. O centro non proporcionará máscaras ao alumnado, salvo circunstancias extraordinarias . As clases comezarán con regularidade o día 28 de setembro dacordo co horario de cada grupo, dispoñible na web.

.
Por último, o venres 25 de setembro terá lugar a presentación para o alumnado de Serigrafía Artística.

De 09:00 a 10:00
– Obradoiro de serigrafía, Aula 18