É para nós un motivo de orgullo convidarmos a unha das datas máis especiais que vivimos na Escola cada curso escolar, a mostra Converxencias 2016.

Anota a data porque non a podes perder: o vindeiro luns 2 de maio, ás 19:00 horas, temos unha cita na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos da Deputación de Lugo para a inauguración da exposición que recolle unha colección de obras e proxectos realizados nos últimos anos polo noso ben máis prezado, o alumnado da Escola.

Converxencia 2016 non só é unha forma de mostrar todo o que facemos durante o ano, o que imos aprendendo, senón que queremos ser un nexo de unión, de converxencia, coa cidade coa que cohabitamos.

Na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos cohabitarán e interactuarán reciprocamente o deseño gráfico e o deseño de interiores, a cerámica, a fotografía, os medios audiovisuais o gravado e a serigrafía nun espazo común, escenario de inserción das distintas especialidades da Escola.

O luns queremos que sexa un día especial e que quede nas nosas lembranzas, e, sobre todo, queremos que nos acompañedes. Vides?

converxencias2

[Preme na imaxe para ampliar]