O venres 12 de marzo inaugúrase no Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) a mostra colectiva ‘No despaletizar hasta destino’. Natalia Pía Conde [Pía Piadosa], estudante de segundo curso do CFGS de Cerámica Artística na EASD Ramón Falcón, é unha das catro artistas que participan neste orixinal proxecto.
“No despaletizar hasta destino” é un proxecto integrado por catro vultos: Noemí Núñez, Pía Piadosa, Kutxyllo e Yoe33. Nel traballouse con materiais fráxiles, cedidos por empresas da contorna local, e compartiuse o mesmo espazo durante todo o proceso creativo.
A experimentación con materiais e técnicas estivo presente dende o primeiro ao último momento, sendo este un proxecto orgánico en constante evolución no que as sinerxias establecidas entre as artistas están presentes dunha forma natural no resultado final.
Leave A Comment