Estes son os horarios das distintas probas de acceso:

Probas de acceso ás Ensinanzas Superiores de Deseño

As probas substitutivas do requisito de titulación de bacharelato terán lugar o día 6 de xullo en Santiago de Compostela.
– 9.00 horas: presentación.
– Das 9.30 ás 10.30 horas: Lingua Estranxeira (Inglés ou Francés).
– Das 10.30 ás 11.30 horas: Lingua Castelá e Literatura.
– Das 12.00 ás 13.00 horas: Lingua Galega e Literatura.
– Das 13.00 ás 14.00 horas: Filosofía.
– Das 16.00 ás 17.00 horas: Historia de España.

As probas específicas para as distintas ensinanzas artísticas superiores darán comezo o día 13 de xullo nos centros educativos correspondentes.
– Primeira parte: das 11.00 ás 13.00 horas.
– Segunda parte: das 16.00 ás 20.00 horas.
– 1º exercicio: das 16.00 ás 18.00 horas.
– 2º exercicio: das 18.00 a 20.00 horas.

Polo que respecta aos protocolos para a realización das probas, poderase ter en conta, a modo de orientación e na medida que corresponda, o Protocolo ABAU 2020 en Galicia da CiUG.

.

Probas de acceso aos Ciclos Formativos de Grao Superior

A proba substitutiva do requisito de titulación de bacharelato para acceso a ciclos de grao superior terá lugar o venres 10 de xullo na EASD Ramón Falcón.
– Primeira parte: das 10.00 ás 13.00 horas. Versará sobre as seguintes materias: Lingua Galega e Literatura, Lingua Castelá e Literatura, Lingua Estranxeira (Inglés ou Francés), Historia de España, Filosofía. As persoas aspirantes seleccionarán tres destas materias e desenvolverán por escrito as cuestións que se propoñan para cada unha das tres elixidas.
– Segunda parte: das 17.00 ás 18.00 horas. Versará sobre contidos relacionados coa historia da arte. O tempo máximo para a realización desta proba será dunha hora.

A proba específica de acceso terá lugar o luns 20 de xullo na EASD Ramón Falcón.
– Primeiro exercicio: das 10.00 ás 11.00 horas.
– Segundo exercicio: das 12.00 ás 14.00 horas.
– Terceiro exercicio: das 17.00 ás 19.00 horas.

En relación aos protocolos para a realización das probas, poderase ter en conta, a modo de orientación e na medida que corresponda, o Protocolo ABAU 2020 en Galicia da CiUG.